Restaurante Anacos

Restaurante Anacos

O seu estilo culinario é de corte sinxelo e tradicional. Sen complicacións nin ambiciosos artificios, pero ben executado tecnicamente e cos puntos de cocción moi coidados.

Ofrecen unha carta sinxela onde se pode atopar un amplo abanico de revoltos, ensaladas, peixes, carnes.... Ademais, por semana, contan cun menú da casa.

Unha carta de viños escollida con criterio, ofrecendo alternativas aos viños de sempre.

Datos de contacto