Spinous spider crab

Spinous spider crab

O cacho da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No bordo dianteiro presenta dous pinchos máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura ca a bretoa. Ademais, unha característica da centola das rías é que o seu cacho está cuberto por pequenas algas e arneiróns.

Vive na costa en fondos rochosos ou areosos. A súa extracción regúlase a través e plans de explotación anuais, nos que tamén se establecen os períodos de veda, normalmente entre xuño e decembro. Captúrase principalmente con miños. Tamén pode ser capturado con outras con artes de enmalle fixas como trasmallos e raeiras ou con nasas. A súa veda establécese nos plans de explotación anuais; normalmente é de xuño a decembro.

Cocida e cun coidadoso traballo manual, son un manxar de excepción. Pódese facer un changurro dándolle un golpe de forno ou un sofisticado pastel ou suflé, pero a nosa recomendación é volver ao clásico: cocidas.

Details of species

  • FAO code: SCR
  • Scientific name: Maja squinado
  • Galician name: Centola
  • Spanish name: Centollo o centolla
  • Biological group: Crustáceos
12 cm

Minimum size: 12 cm

Measurement Method: A centola medirase atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT) sobre a liña mediana que vai entre ambos rostra ata o borde posterior do cefalotórax