Snakelocks anemone

Snakelocks anemone
Illustrator: Elisabet García Aires

Posúe ata 200 tentáculos, dispostos en 6 coroas arredor da apertura bucal. Mentres que o corpo, cilíndrico, pode ser branco, amarelento, verde ou vermello, os tentáculos, pouco retráctiles e moi fráxiles, poden mostrar diferencias de tonalidade dependendo da profundidade á que habita a anemone. As puntas dos tentáculos mostran unha cor violeta ou rosa. Esta especie acostuma a vivir en pequenos grupos sobre fendeduras e gretas de fondos rochosos de augas superficiais temperadas ou cálidas, xeralmente ben iluminadas. Trátase dunha especie moi común en todo o Mediterráneo e Atlántico sur de Europa e non habita augas de máis de 20 metros de profundidade. Aliméntase de pequenos invertebrados (copépodos e anfípodos) mexillóns e ata peixes de pouco tamaño. Reprodúcese asexualmente por bipartición ou sexualmente por produción de óvulos e espermatozoides.

Details of species

  • FAO code: NOW
  • Scientific name: Anemonia viridis
  • Galician name: Ortiguilla
  • Spanish name: Ortiguilla
  • Biological group: Antozoos

Where to find it