Prago

Prago

O prago é un peixe de corpo ovalado, alto e comprimido, coa cabeza grande que baixa de súpeto dos ollos á boca. Ten unha dentadura potente e unha cor entre rosada e prateada, coa base da cola branca e a cola propiamente, escura. O seu tamaño habitual está entre os 30 e os 35 centímetros, pero pode chegar a medir ata 75.

Habita no litoral nos fondos de area e pedras, de 20 a 40 metros de profundidade, aínda que pode chegar aos 250. É un peixe pouco abundante, e as escasas capturas realízanse normalmente con trasmallo ou palangre. Tamén con liñas e miños.

Se non é moi pequeno, prepáreo ao sal. Os máis pequenos aceptan unha fritura ou un escabeche. De calquera xeito, o máis propio para este peixe e os da súa familia é asalo enteiro ao forno cos ingredientes que máis lle gusten.

Details of species

  • FAO code: RPG
  • Scientific name: Pagrus pagrus
  • Galician name: Prago
  • Spanish name: Pargo
  • Biological group: Peixes

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal