Dulse

Dulse

É unha especie perenne de formas moi variables en función do ambiente, da época do ano ou da idade dos exemplares. Normalmente, adoita estar formada por unha lámina de contorno máis ou menos elíptico ou triangular, que se fixa ao substrato mediante un disco basal, prolongado nun curto estipe cilíndrico. Nas marxes da lámina medran numerosas ramificacións divididas en forma de palma. Os exemplares poden acadar os 50 centímetros de lonxitude, son de cor vermella-parda escura, algunhas veces algo violácea, e de consistencia dura ou membranosa.

Vive no litoral inferior e infralitoral de costas expostas ou semiexpostas , fixadas ás rochas ou epífita sobre todo nos estipes de Laminaria hyperborea.. Recóllese a man durante as baixamares e a mergullo.

É a alga da que se ten a máis antiga referencia de consumo como alimento en Europa. É unha das mellores algas para consumir crúa, como substituta da verdura. Tamén pode consumirse seca ou pulverizada, como aperitivo ou condimento de diversos pratos. Esta alga ten un contido en vitaminas, sales minerais e oligoelementos moi superior ás verduras habituais e, ademais, é unha boa fonte de proteínas de alta calidade nutricional.

O tempo de cocción é duns 15 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario será duns 5 minutos.

É unha alga que foi empregada con fins medicinais, en infusións para provocar a suoración en procesos de febre.

Details of species

  • FAO code: RHP
  • Scientific name: Palmaria palmata
  • Galician name: Dulse
  • Spanish name: Dulse
  • Biological group: Algas

Where to find it