Castañeta

Castañeta

De aspecto inconfundible, ten o corpo comprimido e alto, de tonalidade gris. A cabeza é de perfil redondeado, a carne firme e a pel moi dura. Chega a medir como máximo 70 centímetros, aínda que o habitual é que mida entre 30 e 50. Dada a "coiraza" que ten por pel, para reparar no seu estado de frescura fixarémonos nos ollos.

Vive en augas abertas, entre os 100 e os 400 metros. É un peixe migratorio, polo que é a típica especie de tempada (en Galicia atópase normalmente de xaneiro a xuño). Captúrase fundamentalmente ao palangre de superficie e as súas capturas varían extraordinariamente dunhas épocas a outras.

Presenta unha óptima relación calidade - prezo. A súa carnosidade fai del un peixe dos "fáciles" para aqueles que son partidarios da carne. Saboroso á prancha, previamente aderezado con allo e perexil. Tamén ofrece un delicioso rendemento fritido. Outra maneira de preparalo é enteiro ao forno con allo e perexil e un chorro de aceite. Resulta altamente recomendable para a economía familiar a conserva caseira.

Details of species

  • FAO code: POA
  • Scientific name: Brama brama
  • Galician name: Castañeta
  • Spanish name: Japuta o palometa
  • Biological group: Peixes

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Where to find it