Peneira

Peneira

Este molusco gasterópodo é máis coñecido, de momento, pola súa fermosa cuncha ca pola súa carne. Ten a cuncha en forma de orella, de cor parda escura xaspeada, cunha espiral pequena e a última volta moi grande. O interior é nacarado e presenta sete orificios dispostos en liña.

A súa extracción ven regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie. A captura faise mediante mergullo en apnea ou con aire dende superficie.

É unha especie, de momento, pouco coñecida. Haberá que cocela ben ou conxelala na casa previamente, xa que pode quedar dura e así perder parte do seu interese (ao igual ca o polbo, conxelándoo abranda a carne e redúcese o tempo de cocción). É un molusco que permite ser compañeiro en guisos e que en solitario vai ben cun prebe mariñeiro. Outra posibilidade é facela á prancha.

Details of species

  • FAO code: HLT
  • Scientific name: Haliotis tuberculata
  • Galician name: Peneira
  • Spanish name: Oreja de mar
  • Biological group: Gasterópodos

Measurement Method: As lapas e a peneira, mediranse pola lonxitude do seu eixe maior

Where to find it