Atlantic mackerel

Atlantic mackerel

Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos.

Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo.

Pode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera se achega á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante en canto ás capturas e de gran presenza nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, con liña (curricán). Está suxeita a cotas, normalmente captúrase o primeiro trimestre do ano.

En fresco admite as máis variadas solucións: fritida resulta exquisita, de gusto potente. Máis suave é á prancha con allo, perexil e limón. Acepta o escabeche como a que máis e no forno ten o equilibrio dun prato rotundo cunha gornición adecuada. É común atopala xa en filete limpo ou, se non, é doado fileteala en V na casa. Próbea así fileteada ao forno: sobre unha base de cebola e patacas, todo moi fino, póñense os filetes adobados, cóbrese con papel de aluminio e dáselle un asado curto.

Details of species

  • FAO code: MAC
  • Scientific name: Scomber scombrus
  • Galician name: Xarda
  • Spanish name: Caballa
  • Biological group: Peixes
20 cm

Minimum size: 20 cm

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal