European squid

European squid

Molusco de corpo esvelto, alongado en forma de tubo, e a cabeza máis pequena ca as especies afíns. As aletas forman un rombo que vai desde o extremo posterior ata a metade do corpo. A cor é rosa transparente (cando están vivas) ou parda con pintas polo dorso.

Vive a 100-150 m de profundidade, pero de abril a decembro "entra" nas nosas rías. En Galicia captúrase de xeito artesanal con poteiras.

A lura fresquiña é de sabor delicioso e pódese preparar enteira sen limpar. Se é grande, a carne da lura moi fresca é algo dura e hai quen prefire un conxelado previo na casa. Temos que evitar o exceso de lavado en auga doce (hai quen di que se debe de evitar totalmente). O seu delicioso sabor poténciase en guisos coa súa tinta ou nos clásicos fritidos ou rebozados. Próbeas tamén cun arroz feito sobre caldo de peixe, en empanada ou recheas.

Details of species

  • FAO code: SQR
  • Scientific name: Loligo vulgaris
  • Galician name: Lura
  • Spanish name: Calamar o calamar europeo
  • Biological group: Cefalópodos
10 cm

Minimum size: 10 cm

Measurement Method: A lura, choco e especies afíns mediranse pola lonxitude dorsal do manto