Sword razor shell

Sword razor shell

As súa valvas son rectas e alongadas, o cal o diferencia da navalla, que é lixeiramente curva. Nótase moito a liña de crecemento e presenta dúas zonas diferentes en canto á cor, separadas por unha diagonal: unha zona de liñas horizontais marróns ou alaranxadas e outra de liñas verticais.

Vive en fondos areosos, tanto dentro coma fóra das rías. É unha especie moi abundante en Galicia. A súa extracción regúlase mediante plans de explotación específicos para solénidos e faise mediante a técnica de mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie, capturando os individuos de un en un coa man. Tamén se realizan algunhas extraccións mediante o marisqueo a pé, utilizando sal para estimular a saída dos individuos da area.

Ao igual ca a navalla, abertos á prancha, con limón, cubertos dun chorro de aceite, allo e perexil, resultan exquisitos. Pode probar tamén a facer conserva na casa.

Details of species

  • FAO code: EQI
  • Scientific name: Ensis siliqua
  • Galician name: Longueirón
  • Spanish name: Muergo
  • Biological group: Bivalvos
100 mm

Minimum size: 100 mm

Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior