Blackbellied angler

Blackbellied angler

Ten a cabeza grande, ampla e aplanada, e o corpo de forma cónica. A boca, provista de abundantes dentes, é enorme, case tan ancha coma a cabeza. Os beizos son carnosos e a queixada inferior sobresae por diante da superior. Non ten escamas; é de cor apardazada-vermella ou parda-verdosa, con manchas escuras. Para diferencialo da xuliana mire a cor da membrana que recobre o estómago: negra no peixe sapo e branca na xuliana. Reprodúcese a finais da primavera.

É o peixe máis cotizado da súa familia. Vive en fondos lamacentos e de area, entre 20 e 500 metros de profundidade. De xeito artesanal, pode ser capturado con trasmallos, palangres e rascos.

Probe a preparalo cunha salsa verde, con ameixas, guisado, fritido, en salpicón, á grella, en pastel, en caldeirada ou simplemente cocido, acompañado dun rustrido ou da tradicional allada, incluso cun mollo de ourizos. Respecte o seu sabor e sempre lle dará un prato delicioso en xusta correspondencia.

Details of species

  • FAO code: ANK
  • Scientific name: Lophius budegassa
  • Galician name: Peixe sapo
  • Spanish name: Rape negro
  • Biological group: Peixes
30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)

Minimum size: 30 cm / 0,5 kg (evisc) / 0,2 kg (sen cab)

Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiros e eviscerados ou sen cabeza