Pullet carpet shell

Pullet carpet shell

A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ao seu bordo. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude e é precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.

É máis delicada ca as outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte e, ademais, atura menos tempo fóra da auga ca a ameixa fina. Debido á súa distribución no litoral, captúrase principalmente dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos e, en menor medida, a pé firme con sachos ou outras artes autorizadas para remover o substrato.

O propio da ameixa babosa é pasalas polo lume segundo as formas tradicionais: á mariñeira, acompañando o peixe, con arroz, con pasta, con fabas... rendendo de seguro o gusto dos padais máis esixentes.

Details of species

  • FAO code: CTS
  • Scientific name: Venerupis corrugata
  • Galician name: Ameixa babosa
  • Spanish name: Almeja babosa
  • Biological group: Bivalvos
38 mm

Minimum size: 38 mm

Measurement Method: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior