You are here

Arroz verde de berberechos con pescada

Fran Sotelino, chef e propietario de Bluemoon-gastro, fainos esta interesante proposta con pescada e berberechos. A presentación é ben atractiva e, con estes ingredientes, como non vai a estar deliciosa! 

Empanada de millo con berberechos

Introducción

Quizais a máis emblemática das empanadas feitas en Galicia, xunto coa de xoubas, sexa a que utiliza a fariña de millo como base e os berberechos pescadeRías como ingrediente principal no seu recheo. Unha das máis deliciosas mostras da nosa gastronomía, que aquí explicamos como preparar de xeito sinxelo.

Bloody Mary de berberechos pescadeRías

Engadir os zumes e destilados, mesturar e condimentar coas especias elixidas. Mesturar todos os ingredientes e remover nun vaso alto, arrefriar e mesturar con xeo. Remover ben ata que colla a textura desexada. Con 2 cl de vodka facemos xelatina, engadíndolle 2 follas deshidratadas e diluídas en auga. Deixamos callar no frigorífico. Cos outros 2 cl de vodka facemos escuma nun sifón. Mesturamos nun vaso alto con xeo todos os ingredientes, agás o vodka.