Vostede está aquí

Receitas

Paté de centolo

Introdución

Viví Taboada, a quen seguimos a través do seu blogue “Ó carón da lareira”  comparte connosco esta estupenda receita tan axeitada para o Nadal: “Se queres sorprender aos teus invitados nestas festas cun aperitivo orixinal, podes facer este paté, é moi fácil de preparar e seguro que chegará a pouco”

Elaboración:

Vieira con xugo de cebola tostada e fina lámina de touciño

A elaboración da vieira ao forno con cebola picada e pan relado é un dos manxares clásicos da nosa cociña, tan recorrente que ás veces evita que nos atrevamos con outras preparacións. Porto de Cambados S.L., empresa certificada pescadeRías ¿de onde se non? editou un estupendo libro con 35 receitas de prestixiosos cociñeiros que nos ofrecen outras posibilidades.

Allobranco con ourizo de mar

Da man de Daniel Pulzoni, profesor de cociña do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, chéganos esta receita dun tradicional allobranco acompañado con ourizo de mar, que lle da un contraste perfecto de sabor e textura. 

Sardiñas escochadas

O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Pontevedra facilítanos esta preparación de sardiñas, apta tanto para principiantes como para cociñeiros e cociñeiras experimentados. Publicada orixinalmente no Receitario Gacstroderías 2013, por cortesía do Restaurante A Taberna de Alvariñas, de Combarro (Poio).

Salpicón de navallas con emulsión de pementos de Herbón

Estupenda maridaxe mar-terra, con dous dos productos máis emblemáticos da nosa gastronomía, nunha orixinal elaboración. Receita do Restaurante Carmen, de Sanxenxo, que nos traslada o Grupo de Acción Local de Pesca Ria de Pontevedra.

Páxinas