Vostede está aquí

Volandeiras á prancha con escuma de limón Imprimir

Volandeiras á prancha con escuma de limón
Ingredientes
  • 1 kg. de volandeiras pescadeRías
  • 100ml de aceite de oliva
  • 1 dente de allo
  • Perexil
  • 20ml de zume de limón
  • Sal Maldon
  • Perexil picado
  • Para a escuma de limón
  • 100ml de auga mineral
  • 100 gr. de xarope (50 gr. de auga e 50 gr. de azúcre)
  • 1 folla e media de xelatina
  • 100ml de zume de limón
  • Sifón de 1/2 litro
  • 1 Cápsula de N2O.

Elaboración

Limpamos as volandeiras pescadeRías, deixándo unha das valvas.

Para facer a escuma: disolvemos as follas de xelatina en auga quente (previamente remolladas en auga fria). Engadimos auga mineral, o xarope e por último o zume de limón ben colado. Enchemos o sifón, enroscamos a cápsula e axitamos. Retiramos a cápsula e colocamos o embelecedor. Deixamos enfriar no frigorífico.

Mentras tanto, preparamos, mesturando nun vaso batidor, os allos, o perexil, o aceite e o zumo de limón. Trituramos e reservamos.

Nunha tixola a lume forte, botamos un fio de aceite de oliva e engadimos as volandeiras pescadeRías coa carne cara abaixo, 1 minuto aproximadamente. Cando se forme costra dourada na carne, dámoslle a volta e engadimos a vinagreta previamente elaborada. Cando a vinagreta empece a ferver na cuncha é o momento de retirar do lume.

Presentación

Poñemos as volandeiras pescadeRías sobre unha lousa, decoramos cunhas escamas de sal e uns cuarteiróns de limón. Xusto antes de servir, no último minuto, poñemos nunha esquina a espuma de limón. Decoramos con perexil picado.

Compartir en redes sociais