Vostede está aquí

Pescada en salsa verde Imprimir

Pescada en salsa verde
Ingredientes
  • 8 toros de pescada pescadeRías
  • 2 cabezas de pescada ou doutro peixe (para o caldo)
  • 200 gr. de chícharos
  • 1 bote de espárragos brancos
  • 2 ovos
  • Perexil
  • 1 dente de allo
  • 1 cenoria
  • 1 allo porro
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

A pescada pescadeRías en salsa verde é unha das máis tradicionais formas de presentar este delicioso peixe, que podemos encontrar en calquera dos nosos mercados de abastos. Ademais de estar riquísima, é moi doada de preparar.

Elaboración

En primeiro lugar prepararemos un caldo ou fumet de peixe, unha hora antes de empezar coa receita. Para iso picamos finos o allo porro e a cenoria e cocémolos nun litro de auga xunto coas dúas cabezas de peixe durante unha hora. Unha vez feito, coámolo e reservámolo.

Para empezar coa receita en si, poñemos nunha cazola un chorriño de aceite de oliva virxe extra e engadimos o dente de allo picado moi fino. Cando empece a tomar cor, engadimos unha cullerada pequena de fariña, removemos e, cando estea ben disolta, agregamos unha cunca de caldo de peixe. Deixamos que se quente un pouco e a continuación engadimos os toros de pescada pescadeRías e os chícharos. Cociñamos a lume suave durante uns 20 minutos, removendo de cando en vez para que non se pegue.

Dez minutos antes de que estea lista a pescada pescadeRías, fervemos dous ovos nun cazo con abundante auga. Cando estean listos, quitámoslles as cascas e reservamos.

Por último, cortamos en anacos os espárragos e os ovos e decoramos con eles os pratos nos que serviremos a pescada. Podemos acompañar de patacas cocidas cunha folla de loureiro.

Compartir en redes sociais