Vostede está aquí

Peixe sapo con touciño entrefebrado e risotto de menta Imprimir

Peixe sapo con touciño entrefebrado e risotto de menta
Ingredientes
  • 4 lombos de peixe sapo pescadeRías
  • 8 tiras de touciño entrefebrado
  • 30 gr. de manteiga
  • ½ kg. de arroz bomba
  • 1 cebola
  • Unhas follas de menta fresca
  • 1 vaso de viño branco
  • 2 vasos de caldo de verduras
  • 30 gr. de queixo parmesano relado

Introducción

A receita que presentamos, ademais de exquisita, resulta moi elegante e sofisticada. Non obstante, a súa preparación non é demasiado laboriosa, e con ela quedaremos con toda seguridade como os anfitrións perfectos.

Elaboración

O primeiro que faremos será preparar o risotto que acompañará o peixe sapo con touciño entrefebrado. Para iso, poñemos a derreter a manteiga nunha cazola, douramos nela a cebola, botamos a continuación o arroz e refogámolo ben. Seguidamente engadimos o viño branco e deixamos cocer durante cinco minutos, mentres se reduce. Cando se consuma, agregamos os dous vasos de caldo, sal ao gusto e deixamos ao lume outros dez minutos.

Mentres se fai o risotto, envolvemos cada lombo de peixe sapo pescadeRías con dúas tiras de touciño entrefebrado. Para que non se desmonten, suxeitámolos cun escarvadentes e metemos ao forno a 200°C durante dez minutos, sobre unha lámina de papel de aluminio.

Cando o arroz estea listo (ha de quedar lixeiramente caldoso), antes de retiralo do lume engadímoslle o queixo parmesano relado e removémolo ben. Por último, colocamos o risotto nos pratos a xeito de base, e sobre el situamos os lombos de peixe sapo pescadeRías con touciño entrefebrado.

Compartir en redes sociais