Vostede está aquí

Luras recheas á prancha Imprimir

Luras recheas á prancha
Ingredientes
  • 8 luras pescadeRías
  • 1 allo porro
  • 250 gr. de cogomelos frescos
  • 300 gr. de gambas peladas
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

As luras pescadeRías son uns cefalópodos moi saborosos que atoparemos de seguro en calquera dos nosos mercados de abastos. Aquí propoñemos unha presentación diferente, co valor engadido dos cogomelos e as gambas.

Elaboración

O primeiro que faremos será limpar moi ben as luras pescadeRías por dentro, debaixo da billa de auga fría.

Por outra banda, cortamos en anacos o allo porro, poñémolo nunha tixola cun fondo de aceite de oliva virxe extra e deixamos que se refogue un pouco, ata que empece a transparentar. A continuación engadimos os cogomelos en anacos pequenos e deixamos que se cociñen cinco minutos. Unha vez transcorridos, incorporamos as gambas peladas e o viño branco e deixamos que a mestura se cociñe durante uns minutos máis, engadindo sal ao gusto.

Para rematar, enchemos os as luras pescadeRías coa mestura, pechámolas cun escarvadentes na abertura e facémolas á prancha, nunha tixola cunha cullerada de aceite de oliva virxe extra. Cando estean douradas dámoslles a volta, deixamos que se cociñen polo outro lado e listas para servir.

Compartir en redes sociais