Gelée de percebiños con sabaión de albariño

FacebookTwitter
Gelée de percebiños con sabaión de albariño
INGREDIENTES
  • 4 tarros de percebes pescadeRías en conserva
  • 3 gr. de xelatina agar-agar
  • 2 u. de xema de ovo
  • 250 ml de Viño Albariño
  • 60 gr. de tona a medio punto

Elaboración

Quitamos os percebiños pescadeRías dos tarros escurrindo ben e gardando parte da auga da conserva, polo menos 200 gr. En 25 gr desta auga, disolveremos a xelatina agar-agar, e logo engadiremos o resto de auga, mesturando ben e rectificando de sal, se fose necesario. Reservamos esta mestura nun recipiente non moi alto e deixamos que arrefrie.

Para facer o sabaión, batemos as xemas ao baño maría, engadindo moi pouco a pouco o viño branco e continuamos removendo ata que espese. Retiramos do lume e deixamos que temple. Xusto antes de servir engadimoslle a tona, tamén  a pouquiños e  con movementos envolventes. Deixámolo enfriar, débese servir moi frio.

Presentación

Nun plato fondo dispoñemos  os percebiños pescadeRías, e por enriba deles a xelatina que tiñamos  reservada. Tamén podemos facer á inversa, poñendo os percebiños sobre unha cama del gelée. Como toque final montamos sobre o conxunto unha quenelle de sabaión