Vostede está aquí

Filetes de Linguado con laranxa Imprimir

Filetes de Linguado con laranxa
Ingredientes
  • 4 filetes de linguado pescadeRías
  • 1 limón
  • 3 laranxas
  • ½ vaso de viño branco
  • 1 cebola
  • 3 culleradas de fariña
  • 1 chisco de pementa
  • Aceite de oliva virxe extra e sal

Introducción

Con esta receita darémoslle un toque cítrico moi orixinal a uns filetes de linguado pescadeRías. É moi fácil de facer, e o resultado é sorprendente.

Elaboración

En primeiro lugar, esprememos unha laranxa e o limón e reservamos o zume. Pelamos as dúas laranxas restantes e cortamos a pel en xuliana, moi fina. Reservamos a polpa para decorar ao final.

Por outra parte, picamos a cebola moi fina e sofrixímola nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva virxe extra. Cando empece a transparentar, retiramos do lume.

Enfariñamos lixeiramente os linguado pescadeRías e fritímolos sobre un chorriño de aceite de oliva virxe extra, ata que estean dourados por ambos os dous lados. Retirámolos e continuación colocámolos nunha cazola grande, onde caiban os catro, e engadímoslles o rustrido de cebola que acabamos de facer. A continuación agregamos o viño e deixamos que reduza un pouco, para seguidamente regar os linguados pescadeRías co zume de laranxa e limón.

Deixamos a cazola uns minutos ao lume e agregamos sal e pementa ao gusto. Para presentar, poñemos un pouco de pel de laranxa picada sobre cada filete e regamos todo co xugo da cazola. Podemos decorar cunhas follas de leituga e a polpa de laranxa que temos reservada.

Compartir en redes sociais