Vostede está aquí

Ensalada de mouse de atún claro, salsa de aguacate, tomates na súa rama e tempura de algas pescadeRías Imprimir

Ensalada de mouse de atún claro, salsa de aguacate, tomates na súa rama e tempura de algas pescadeRías
Ingredientes
  • 4 latas de atún claro escorrido
  • 2 follas de xelatina
  • 1 cullerada de mostaza Dijon
  • 1 dl de vinagre de Xerez
  • sal, pementa
  • 3 dl de aceite de oliva
  • 2 dl nata montar
  • 4 unidades de nabos Daikon
  • 40 gr. alga argazo pescadeRías
  • 100 gr. leituga de mar pescadeRías
  • 1 aguacate maduro
  • 1 dente de allo
  • 2 ramas de coandro
  • 1 lima
  • 4 unidades de ravos
  • follas: red veined, radish, mostaza
  • 8 tomates cereixa
  • ceboliño, acacia, pensamento

Escorrer o atún. Montamos os 2 dl de nata. Remollamos e disolvemos 2 follas de xelatina, mesturamos o atún esmigallado coa nata e a xelatina e deixámolo arrefriar na neveira. Fritimos en aceite quente as follas de leituga de mar pescadeRías, escorrémolas e deixámolas arrefriar. Trituramos o aguacate, o dente de allo, o coandro, sal, pementa, zume de lima. Engadir a auga pouco a pouco ata chegar á textura, coar e reservar.

Ravo: escaldar 5 segundos, refrescar, cortar pola metade e reservar.

Diferentes follas: red veined, radish, mostaza. Tomates cereixa en rama: cortar os tomates pola rama, facer un corte moi fino na pel e escaldalos 5 segundos, refrescalos en xeo, secar e sacarlles a pel, reservalos en neveira. Flores: ceboliño, acacia, pensamento. Colocamos nun prato un pouco de mousse de atún, tiras de salsa de aguacate e completamos coas follas e verduras ao gusto.

Compartir en redes sociais