Vostede está aquí

Ameixas con algas Imprimir

Ameixas con algas
Ingredientes
  • 500 gr. de ameixas pescadeRías
  • Perexil picado
  • 2 latas de alga wakame
  • 2 latas de espagheti do mar
  • 1 cebola
  • 50 gr. de xamón ibérico
  • Viño branco Ribeiro
  • Sal
  • Pementa branca
  • 4 rebanadas de pan de broa ben finas
  • Aceite de oliva
  • Aceite de trufa branca

Elaboración

Nunha tixola cunha culler sopeira de aceite de oliva, refogamos a cebola, a lume baixo, sen que chegue a coller cor. Engadimos o xamón ibérico, cortado en dadiños. Cando a graxa do xamón estea derretida, engadimos as ameixas pescadeRías e o viño branco, baixamos o lume, tapamos, deixamos que abran as ameixas e nese momento, engadimos o wakame e o espagueti do mar, subindo novamente o lume e salteando todo xunto. Aderezamos con pementa branca e rectificamos de sal, se fose preciso.

Fritimos en aceite de oliva as rebandas de pan de broa. Ao retiralas da tixola, pasámolas  por papel absorbente de cociña para eliminar o exceso de graxa.

Presentación

Nun recipiente fondo, colocaremos as algas coas ameixas pescadeRías e aderezamos cun pequeno fío de aceite de trufa blanca. Para rematar, colocaremos a tella de pan de broa.

Compartir en redes sociais