Vostede está aquí

Cómo ser unha empresa asociada?

guia-metodologica

O primeiro paso para certificar os produtos dunha entidade baixo a marca pescadeRías ¿de onde se non? é asegurarse de que se cumpren os requisitos xerais e específicos estipulados no Regulamento da marca. Estes requisitos pódense consultar no regulamento da marca e/ou na Guía metodolóxica para a implantación da marca de calidade pescadeRías ¿de onde se non?

Pódese enviar a solicitude de certificación á Consellería do Mar, polas seguintes vías:

  • Por correo postal á dirección: Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca (Secretaría Xeral do Mar) San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
  • Por fax ao número 981 54 62 88
  • Presentándoa en calquera das Delegacións da Consellería do Mar.
  • Ou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

Proceso de Certificación

No proceso de Certificación a Consellería do Mar comprobará que se cumpren todos os requisitos esixidos aos usuarios da marca, e os solicitantes serán auditados por unha entidade de certificación.

O informe da auditoría é entonces remitido ao Comité de Certificación, que será quen decida a idoneidade do solicitante.

Compartir en redes sociais