Detalle producto

FacebookTwitter

Ourizo

Ourizo
<p>O ourizo é de cor escura, con tendencia ás cores negra, verde e violeta. Ten unhas púas robustas e aguzadas que, ao caeren, deixan ver un corpo dividido en grupos de placas. O corpo do ourizo non é totalmente esférico, senón que está algo achatado polas zonas da boca e do ano. As gónadas femininas son de cor amarela forte ou alaranxadas; as masculinas, amarela clara ou parda.</p> <p>A súa captura está regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación utilizando bicheiro ou forquita axudados dun espello ou mirafondos, esta arte soamente pode ser utilizada en fondos inferiores a cinco metros. Tamén pode ser extraído mediante mergullo en apnea ou con aire dende superficie. As capturas concéntranse entre outubro e abril.</p> <p>Do ourizo só se toma a gónada ou glándula reprodutora que está no seu interior. Na Costa da Morte din: "cando o cuco cuca, o ourizo está cucado", porque na primavera xa lle pasou o tempo. A cociña clásica aposta por tomalos crús, abrindo o ourizo con coidado e metendo a culler.</p> <p>A cociña moderna incorporouno en mollos que acompañan peixes aos que lles multiplica os recendos a mar. Cos ourizos prepáranse tamén conservas, patés, revoltos, maionesas...</p>

Datos da especie

  • URM
  • Nome científico: Paracentrotus lividus
  • Nome galego: Ourizo
  • Nome castelán: Erizo De Mar
  • Grupo biolóxico: Equinodermos
Receitas de Ourizo
5,5 cm

Tamaño mínimo: 5,5 cm

Nos equinodermos o tamaño medirase ao longo do diámetro do seu dermatoesqueleto (casca) pugas (DD)

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación