Nécora

Nécora

Se a nécora é de Galicia, a súa cuncha hexagonal é de cor marrón escura e textura de veludo. No macho, o abdome é triangular. Na femia é máis ancho e redondeado. Presenta cinco pares de patas, e o primeiro delas son unhas pinzas.

Vive nas coveiras que forman as pedras preto da costa. Captúrase polas noites con nasas e, en menor medida, con trasmallo ou bou de vara. Hai que ter en conta que está suxeita a vedas e sempre hai que lembrar que está rigorosamente prohibida a captura e venda de nécoras con ovos.

Se a nécora está "en comida", o macho é tan rico coma a femia. Para evitar que lle caian as patas, hai que cocelas correctamente: se están vivas, hai que metelas en auga fría; e se están mortas, en auga quente. Non esqueza cociñalas con loureiro e non se pase na cocción pois quedarían resecas.

Datos da especie

  • Código FAO: LIO
  • Nome científico: Necora puber
  • Nome galego: Nécora
  • Nome castelán: Nécora
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
5,5  cm

Tamaño mínimo: 5,5 cm

Forma de medición: Os braquiuros excepto o boi e a centola, mediranse atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT), sobre a liña mediana que vai desde o espazo interorbital ata o borde posterior do cefalotórax