Detalle producto

FacebookTwitter

Cogombro de mar tubo

Cogombro de mar tubo
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Tamaño ata 30 centímetros de longo e 6 centímetros de ancho, a parte ventral con 3 fileiras de ventosas. Numerosas papilas escuras por todo o corpo. Pel grosa e recia. A cor do dorso vai do avermellado ao pardo ou violeta pardo. Sen órganos de Cuvier. Ten grosas protuberancias na superficie. Sobre fondos areosos e lamacentos con material orgánico, así como entre vexetación dos fondos duros. Profundidade a partir de 2 metros ata 80 m. Moi abundante no Mediterráneo. Aliméntase de material orgánico; a alimentación é sedimentívora, de maneira que inxire grandes cantidades de area e unha vez aproveitada a materia orgánica que contén, expulsa o resto polo ano en forma de cordóns areosos envoltos por unha fina capa de mucosa intestinal. Ao final do verán realiza migracións para a posta cara a augas superficiais, onde se pode observar a posición típica da posta; os animais ergueitos case do todo. Desta forma lanzan as células xerminais en forma de nubeciñas de cor branca, á maior distancia posible.</p>

Datos da especie

  • HFT
  • Nome científico: Holothuria tubulosa
  • Nome galego: Cogombro de mar tubo
  • Nome castelán: Cohombro tubo
  • Grupo biolóxico: Equinodermos
Receitas de Cogombro de mar tubo

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados