Detalle producto

FacebookTwitter

Zamburiña

Zamburiña
<p>Diferénciase da volandeira en que é máis ovalada e en que a cuncha ten máis raios e estes son máis mestos. Ademais as "orellas" son máis desiguais. A súa cor é violácea escura e non supera, normalmente, os seis centímetros de longo.</p> <p>Vive na costa ata os 80 metros de profundidade. É moi escasa e aliméntase de plancto. As modalidades de pesca son semellantes ás empregadas coa vieira e a volandeira: rastro de vieira e bou de bara. É moito menos abundante que a volandeira.</p> <p>Na cociña préstase ás mesmas solucións ca esta. A súa carne é mesmo máis valorada ca a da vieira. Prepárea ao forno, en empanada ou nunha conserva caseira.</p>

Datos da especie

  • VSC
  • Nome científico: Chlamys varia
  • Nome galego: Zamburiña
  • Nome castelán: Zamburiña
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Zamburiña
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo