Detalle producto
Camarón común
<p>Ten un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente. A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas que tamén están presentes no abdome, aínda que son máis curtas e transversais. A diferenza da quisquilla, o camarón ten a cabeza moi triangular e aguzada (cun potente rostro) e ten dous pares de pinzas que non ten aquela.</p>
<p>Vive preto da costa, en augas de pouca profundidade e tranquilas, sobre fondos de rochas ou con moita vexetación (pódense atopar incluso nas pozas da baixamar). Captúrase con nasas durante todo o ano, aínda que a súa extracción cunha nasa específica para nécora e camarón só se fai cando esta arte está permitida, na época na que a nécora non está vedada.</p>
<p>Para preparalos o ideal é botalos en auga fría con sal, ou auga de mar, e loureiro. Apenas rompa a ferver, retiramos, escoamos e xa están listos para comer.</p>
<p>Tamén se poden usar pelados para acompañar calquera prato de peixe. Un luxo.</p>
Datos da especie
- CPR
- Nome científico: Palaemon serratus
- Nome galego: Camarón común
- Nome castelán: Camarón común
- Grupo biolóxico: Crustáceos
Tamaño mínimo: 5 cm
O tamaño do santiaguiño e o camarón medirase desde o extremo distal do rostrum ata o extremo posterior do telson, excluíndo as setae (LT)Onde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Cedeira
- Lonxa de Lira
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Vilanova
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Mar do Morrazo, S.C.G.
- Lonxa de A Illa de Arousa