Detalle producto

FacebookTwitter

Caramuxo

Caramuxo
<p>A súa cuncha ten forma helicoidal. É de cor negra, agás o seu orificio de entrada, que é branco. Vive no medio das rochas, alimentándose de algas. Ten unha membrana dura que o protexe totalmente, pechando a porta que o comunica co exterior.</p> <p>A súa captura regúlase nos plans de explotación de marisqueo a pé e as extraccións realízanse coa axuda de rasquetas ou coitelos. </p> <p>Ten moita aceptación como aperitivo. Tómanse simplemente cocidos, para o cal é preciso dispoñer dun alfinete que serva para extrae-la súa deliciosa carne, que está protexida por unha membrana que debemos separar.</p>

Datos da especie

  • PEE
  • Nome científico: Littorina littorea
  • Nome galego: Caramuxo
  • Nome castelán: Bígaro
  • Grupo biolóxico: Gasterópodos
Receitas de Caramuxo
Os caramuxos mediranse pola maior altura da cuncha, medida desde o ápice ata o extremo distal dos labios da cuncha

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados