Detalle producto
Navalla
<p>Teñen unha superficie brillante que semella vernizada. As valvas son alongadas, cunha cuncha arqueada moi característica (en forma de navalla) que as diferencia do longueirón, co que, non obstante, comparten unha coloración similar.</p>
<p>Viven soterradas na area, na zona infralitoral. Captúrase normalmente mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie. Tamén faise a súa extracción a pé en algunhas zonas, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos. </p>
<p>Simplemente abertas á prancha cunhas pingas de limón abonda para degustar a súa carne saborosa e consistente. Coma outros moluscos, admite mollos suaves, e é moi recomendable un pequeno baño de aceite de oliva, allo e perexil.</p>
Datos da especie
- EQK
- Nome científico: Ensis magnus (=arcuatus)
- Nome galego: Navalla
- Nome castelán: Navaja
- Grupo biolóxico: Bivalvos
Tamaño mínimo: 100 mm
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposteriorOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Noia (O Freixo)
- Lonxa de Noia (Testal)
- Cofradía de Pescadores de Vigo
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Meira Moaña
- Lonxa de Barallobre
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Cabo de Cruz
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de A Pobra do Caramiñal
- Lonxa de Aguiño
- Lonxa de Lira
- Lonxa de Mugardos
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Aldán - Hío
- Lonxa de Vilanova
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Ribeira
- Lonxa de A Illa de Arousa
Centros de depuración / expedición e cetáreas
- Confraría de Pescadores "San José" de Cangas
- Depuradora da Confraría de Pescadores de Cedeira
- Depuradora da Confraría de Pescadores de Ferrol
- Cultivos Marinos Vilanova, S.L.
- O Percebeiro
- José María Daporta e Hijos, S.L.
- Mar da'Morosa
- Mariscos Calimar S.L.
- Mariscos Campelo, S.A.
- Mariscos Daporta, S.L.
- Mariscos Inés
- Mariscos Islas Cíes
- Mariscos Luís Rosales
- Mariscos Malliño, S.L.
- Mariscos Ramais
- Moluscos Rías Gallegas, S.A.
- Cooperativa Ría de Arosa (Distribuidor)