Detalle producto

FacebookTwitter

Reló

Reló
<p>Contorno case circular con valvas grosas, co interior branco, e o exterior habitualmente claro, cunhas pequenas bandas en zigzag moi vistosos. Ten unhas estrías gordas e concéntricas.</p> <p>Case a totalidade das capturas realízase a flote con rastro, desde pequenas embarcacións pesqueiras. Tamén con sacho na beiramar, pois abunda relativamente en certas zonas accesibles coa marea baixa.</p> <p>É un bivalvo bastante frecuente nos mercados e de prezo moi accesible. Son algo máis duros cas ameixas, aínda que á mariñeira están bos e tamén valen como acompañantes dun pescado. Utilízanse en conservas. Danlle unha excelente "substancia" a pastas e arroces.</p>

Datos da especie

  • DSX
  • Nome científico: Dosinia exoleta
  • Nome galego: Reló
  • Nome castelán: Reloj
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Reló
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo