Carrapicho

Carrapicho

Alga perenne moi cartilaxinosa que forma matas de ata 20 centímetros de altura, de cor vermellaviolácea escura. Un carácter exclusivo do carrapucho é a iridiscencia azulada que presenta cando se observa baixo a auga. Fíxase mediante un disco do que saen estipes que se van ensanchando, ata formar láminas con forma de abano, moi divididas nos extremos.

Forma extensas poboacións sobre as rochas que quedan ao descuberto nas mareas vivas, en lugares preferentemente expostos ás ondas. Non existe recolección industrial. As poucas veces que se recolle faise de xeito manual nas baixamares ou aproveitando as que aparecen sobre a ribeira.

Trátase da alga de uso máis estendido e tradicional na alimentación en Europa, e é moi usada na Bretaña francesa, en Irlanda e no Reino Unido para preparar diversas sobremesas caseiras, polas súas propiedades espesantes e xelificantes. Contén gran cantidade de vitamina B1, B2 e esteroles que rebaixan o colesterol. Úsanse para o tratamento de úlceras , trastornos estomacais e catarros. Para estes casos, pódese aplicar o seguinte "remedio" en forma de infusión: lávanse as algas en auga doce, sécanse ao sol e cócense en auga doce durante 5 minutos, a razón de 5 gramos de alga seca por litro de auga

Datos da especie

  • Código FAO: IMS
  • Nome científico: Chondrus crispus
  • Nome galego: Carrapicho
  • Nome castelán: Musgo de Irlanda
  • Grupo biolóxico: Algas