Solla

Solla

A solla pódese distinguir da platixa (solla de altura) polo seu corpo ovalado e asimétrico, de cor parda - olivácea, frecuentemente punteado con manchas escuras e claras. A cara cega - ou inferior - da solla é branca. Pode chegar a medir ata 50 centímetros. Reprodúcese durante a primavera.

Vive en fondos areosos de ata 40 metros de profundidade. Soporta ben as diferencias de salinidade, podendo internarse nos ríos, na desembocadura dos cales é máis usual pescala con cana. É moi abundante e ben valorada. Captúrase habitualmente ó trasmallo ou tamén cunha técnica máis artesanal: a pé con espello e útiles de pesca por ensarte.

A fórmula estelar de prepara-la solla é pasala por unha tixola cun aceite de oliva de calidade. Así, a súa carne branca, que debemos cociñar ó punto, amosa todo o seu sabor. En caldeirada ou cocida cun chorro de aceite de oliva resultaralle tamén moi saborosa.

Datos da especie

  • Código FAO: FLE
  • Nome científico: Platichthys flesus
  • Nome galego: Solla
  • Nome castelán: Solla
  • Grupo biolóxico: Peces
25 cm

Tamaño mínimo: 25 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal