Lura

Lura

Molusco de corpo esvelto, alongado en forma de tubo, e a cabeza máis pequena ca as especies afíns. As aletas forman un rombo que vai desde o extremo posterior ata a metade do corpo. A cor é rosa transparente (cando están vivas) ou parda con pintas polo dorso.

Vive entre os 10 e os 150 metros do fondo. De abril a decembro "atraca" nas nosas rías. Se se comercializa en fresco, trátase normalmente de luras galegas pescadas artesanalmente con poteiras ou, ocasionalmente, con arrastre. Se é conxelada, captúrase ao arrastre e será de procedencia marroquí, arxentina etc. Hai que diferenciar a capturada no noso litoral da que se trae doutras augas, pois nin a calidade nin o prezo son comparables.

A lura fresquiña é de sabor delicioso e pódese preparar enteira sen limpar. Se é grande, a carne da lura moi fresca é algo dura e hai quen prefire un conxelado previo na casa. Temos que evitar o exceso de lavado en auga doce (hai quen di que se debe de evitar totalmente). O seu delicioso sabor poténciase en guisos coa súa tinta ou nos clásicos fritidos ou rebozados. Próbeas tamén cun arroz feito sobre caldo de peixe, en empanada ou recheas.

Datos da especie

  • Código FAO: SQR
  • Nome científico: Loligo vulgaris
  • Nome galego: Lura
  • Nome castelán: Calamar
  • Grupo biolóxico: Cefalópodos
10 cm

Tamaño mínimo: 10 cm

Forma de medición: A lura, choco e especies afíns mediranse pola lonxitude dorsal do manto