Detalle producto
Ostra
<p>A ostra é un molusco bivalvo que ten, na parte exterior da súa dura cuncha, unha superficie escamuda. A súa cor habitual sitúase entre branca, marrón ou púrpura. Como detalle significativo, hai que dicir que ao longo da súa vida posúe sexo masculino e feminino de xeito alterno. </p>
<p>A súa extracción ven regulada normalmente nos plans de marisqueo a pé para os individuos aos que se pode acceder deste xeito, e nos plans de marisqueo a flote, nos que se contempla a súa extracción con raños. Tamén pode ser capturada con rastro de volandeira ou vieira para a captura de ostra.</p>
<p>A ostra é un manxar moi apreciado que se degusta case sempre en cru, engadíndolle limón a quen lle guste, ou ben totalmente ao natural. Outra forma máis innovadora consiste en escabechalas (aínda que isto xa se facía na idade media). Outra forma de preparalas é rebozalas en fariña e fritilas, ou ben en bechamel con mollos varios.</p>
Datos da especie
- OYF
- Nome científico: Ostrea edulis
- Nome galego: Ostra
- Nome castelán: Ostra
- Grupo biolóxico: Bivalvos
Tamaño mínimo: 60 mm
O tamaño medirase medindo o eixe dorsoventral para a ostra e a ostra rizadaOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Noia (Testal)
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Barallobre
- Lonxa de Pontedeume
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Mugardos
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Ribeira