Longueirón

Longueirón

A súa cuncha é recta e alongada, co que se diferencia da navalla, que é lixeiramente curva. Nótase moito a liña de crecemento e presenta dúas zonas diferentes en canto á cor, separadas por unha diagonal: unha zona de liñas horizontais marróns ou alaranxadas e outra de liñas verticais.

Vive en fondos areosos, tanto dentro coma fóra das rías. É unha especie moi abundante en Galicia. Antes pescábase un por un, con fisga ou botando sal nos buratos, método que aínda se emprega. Hoxe en día, cos modernos plans de explotación –aprobados pola Consellería de Pesca – captúrase con mergullo a pulmón, método selectivo que dá óptimos

Ao igual ca a navalla, abertos á prancha, con limón, cubertos dun chorro de aceite, allo e perexil, resultan exquisitos. Pode probar tamén a facer conserva na casa.

Datos da especie

  • Código FAO: EQI
  • Nome científico: Ensis siliqua
  • Nome galego: Longueirón
  • Nome castelán: Muergo
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
100 mm

Tamaño mínimo: 100 mm

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo