Detalle producto
Cornicha
<p>Ten unha cuncha de forma oval-triangular; é de cor branca e textura moi suave.</p>
<p>As estrías que presenta a cornicha cambian de ton escuro a claro conforme van do exterior ao interior da cuncha.</p>
<p>Captúrase principalmente mediante marisqueo a flote con rastros en cantidades pequenas, asociada á ameixa babosa e á rubia. Tamén pódense facer extraccións a pé con ganchas. </p>
<p>En fresco, pódelle aplicar a típica salsa mariñeira ou probar cunha empanada. Outra forma de preparala é guisada con patacas e tamén, ao igual ca as outras ameixas, con espaguete ou fideo groso, ou con fabas. É máis ben dura, polo que non lle vén mal unha conxelación previa.</p>
Datos da especie
- ULO
- Nome científico: Spisula solida
- Nome galego: Cornicha
- Nome castelán: Almeja blanca o cuca
- Grupo biolóxico: Bivalvos
Tamaño mínimo: 25 mm
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposteriorOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Vilaboa
- Lonxa de Cambados
- Cofradía de Pescadores de Vigo
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Meira Moaña
- Lonxa de Barallobre
- Lonxa de Pontedeume
- Lonxa de Arcade
- Lonxa de Aguiño
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Campelo