Detalle producto

FacebookTwitter

Carneiro

Carneiro
<p>O carneiro ten as valvas grosas, de forma case circular, moi marcadas e formando surcos pronunciados. A cor é, polo xeral, parda.</p> <p>Habita en fondos de area algo lamacentos.</p> <p>Captúrase con artes de marisqueo a flote, normalmente acompañando a outras especies como a ameixa babosa.</p> <p>Pódese tomar cru ou aberto na prancha aliñado con limón, pero tamén cun arroz con leves aromas mariñeiros ou, nunha versión un pouco máis moderna, en ensalada cun bo aliño.</p>

Datos da especie

  • VEV
  • Nome científico: Venus verrucosa
  • Nome galego: Carneiro
  • Nome castelán: Escupiña grabada
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Carneiro
40 mm

Tamaño mínimo: 40 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo