Cadelucha

Cadelucha

Cadelucha no sur, navalliña no Cantábrico e coquina noutras rías, este pequeno molusco ten unha cuncha de textura moi suave, chea de costelas de tons máis claros ca a súa cor, polo xeral tostada verdosa. O interior da cadelucha é violácea, aínda que ás veces é abrancazada ou alaranxada.

Abunda en Galicia en areais abertos de area limpa e augas renovadas. Captúrase de maneira artesanal, a pé firme con sacho ou rasca, e está moi cotizada. Hoxe en día captúrase en moitos lugares: O Pindo, Lira, Corcubión, Aguiño, Baiona, Vilarrube (Valdoviño), O Barqueiro..., pero tamén hai pequenas partidas procedentes de Huelva, especialmente en grandes superficies comerciais. Na actualidade é máis doado atopala no mercado grazas aos plans de explotación.

Unha pequena exquisitez. Se ten ocasión, degústea en cru (sempre que se asegure de que estea debidamente etiquetada e garantida a súa correcta depuración), xa que detrás do seu tamaño agacha un sabor pleno de matices. Pode tratalas tamén coma as ameixas; seguirá descubrindo o seu magnífico sabor.

Datos da especie

  • Código FAO: DXL
  • Nome científico: Donax trunculus
  • Nome galego: Cadelucha
  • Nome castelán: Coquina truncada
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
35 mm

Tamaño mínimo: 35 mm

Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo