Sanmartiño

Sanmartiño

O sanmartiño é un peixe de corpo alto e comprimido, que ten unha cabeza moi grande e que carece de escamas agás na liña lateral. Presenta espiñas ao lado do abdome e a aleta dorsal ten raios moi longos. De cor dourada, ou gris verdosa, o sanmartiño ten unha mancha negra rodeada de branco ou amarelo no centro do corpo, a ambos os dous lados. Pode chegar a medir ata 60 centímetros, aínda que o normal é que mida entre 20 e 50. É un peixe que desova no verán e acada a madurez sexual aos 4 anos.

Peixe de costumes solitarios que habita entre os 20 e os 200 metros de profundidade. Teñen unha gran demanda, pero hai unha baixa presenza de exemplares que se poden obter ao arrastre, ao palangre ou con liñas. É un peixe que tarda en reproducirse, polo que haberá que ser moi esixentes con respecto aos talles mínimos.

A pesar da súa relativa escaseza paga a pena probalo algunha vez. O sanmartiño ten unha carne apreciada e saborosa que fai moitos amigos cando ocupa o seu lugar no prato. É un dos mellores peixes para facer ao sal, no forno e tamén para filetear, pola súa carne compacta. Tamén se pode facer en caldeirada.

Datos da especie

  • Código FAO: JOD
  • Nome científico: Zeus faber
  • Nome galego: Sanmartiño
  • Nome castelán: Pez De San Pedro
  • Grupo biolóxico: Peces
25 cm

Tamaño mínimo: 25 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal