Detalle producto
Rodaballo
<p>O rodaballo ten o corpo plano, en forma de rombo, asimétrico e case circular. Está cuberto por vultiños duros, pero sen escamas. A súa boca é grande. Mimetízase co contorno, é dicir, cambia de cor adaptándose ao lugar onde se atope. Xeralmente é de cor castaña agrisada, con numerosas manchas e coa parte cega abrancazada. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto e pode chegar a medir ata un metro.</p>
<p>Habita fondos mariños areosos, sen apenas moverse, desde a costa ata os 100 metros. As capturas realízanse ao trasmallo ou ao palangre de fondo. Máis abundante durante os meses da primavera.</p>
<p>O rodaballo é un gran protagonista na cociña da nosa terra: ao forno, en caldeirada, á prancha ou simplemente fritido; a súa carne e a textura da súa pel puxeron esta especie na liña dos máis valorados. Pódense obter uns filetes grandes e carnosos, aptos para calquera solución. </p>
Datos da especie
- TUR
- Nome científico: Psetta maxima
- Nome galego: Rodaballo
- Nome castelán: Rodaballo
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 30 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Cedeira
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Mar do Morrazo, S.C.G.