Detalle producto

FacebookTwitter

Ameixa xaponesa

Ameixa xaponesa
<p>A característica que máis destaca da ameixa xaponesa é que ten as costelas moi marcadas. As liñas que sucan a súa cuncha forman cadradiños ao cruzárense, cadradiños que son moito máis marcados ca os da ameixa fina. Cando está aberta é cando se pode ver como ten os sifóns unidos ata a metade, o que a diferenza da ameixa fina. En canto á súa cor é, normalmente, escura, movéndose os tons entre o tostado e o gris case negro.</p> <p>Esta especie foi introducida nas nosas costas o pasado século. A súa distribución é similar á da ameixa fina, polo que as súas capturas realízanse principalmente a pé nos bancos intermareais. Tamén aparece entre as extraccións realizadas dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos. </p> <p>Esta ameixa, de agradable sabor, ofrece unha relación prezo/calidade moi apreciada polo consumidor. Admite as mesmas formas de preparación ca as vistas para as outras ameixas: á mariñeira, con outros peixes, con arroz, pasta, fabas... en sopas ou guisos, en caldeirada...</p>

Datos da especie

  • CLJ
  • Nome científico: Ruditapes philippinarum
  • Nome galego: Ameixa xaponesa
  • Nome castelán: Almeja japonesa
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Ameixa xaponesa
35 mm

Tamaño mínimo: 35 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo