Detalle producto

FacebookTwitter

Ameixa fina

Ameixa fina
<p>A cuncha da ameixa fina posúe unhas liñas en forma de raios e outras concéntricas que forman os seus característicos cadradiños. A súa cor será distinta dependendo do substrato (area) onde se cría, variando entre branca e acastañada. Os seus sifóns son longos e están separados un do outro, en toda a súa lonxitude, e esta é outra boa característica para distinguila das demais ameixas.</p> <p>Xeralmente as capturas fanse a pé firme con sachos, rañicas, angazos, forquillas ou outras artes autorizadas que sirvan para remover o substrato, ou ben localizando os buratos que deixan os seus sifóns na area. Moitas agrupacións de mariscadoras e mariscadores do noso litoral levan a cabo tarefas de semicultivo como preengorde de semente e posterior sementado en praias, conseguindo incrementar a produción dos bancos marisqueiros.</p> <p>Segundo os expertos, débense de tomar en cru con limón, pero se esta forma non é do seu gusto, probe a poñelas abertas na tixola, con fideos, nunha sopa, nun guiso con fabas ou acompañando caldeiradas.</p>

Datos da especie

  • CTG
  • Nome científico: Ruditapes decussatus
  • Nome galego: Ameixa fina
  • Nome castelán: Almeja fina
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Ameixa fina
40 mm

Tamaño mínimo: 40 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación