Melgacho

Melgacho

Corpo alongado e afiado, co fociño curto e arredondado. A pel é coma lixa. Presenta numerosas manchas pequenas de cor castaña escura –e por veces brancas– no dorso, costas e aletas. O número de pintas e a lonxitude é o que nos permite diferencialo da patarroxa: a patarroxa é máis longa e ten menos manchas –aínda que de tamaño máis grande– ca o melgacho. A femia pon 20 ovos que se poden ver mesturados coas algas cando baixa a marea. Ten un período de xestación de 8 a 9 meses. Esta é a quenlla máis frecuente das nosas costas e a súa lonxitude máxima é dun metro.

Vive en fondos areosos ou de lama, desde os 25 metros ata os 400 de profundidade. É activo pola noite, permanecendo en repouso durante o día. Péscase practicamente con todas as artes: palangre, anzol, arrastre etc.

É un peixe de carne e textura agradables, sen espiñas. É moi accesible. O costume é vendelo sen a pel, que se desprende tirando con forza e habilidade. Pode preparalo guisado ao seu gusto. Tamén lle van moi ben as caldeiradas tradicionais. Admite calquera preparación na que substitúa outros peixes máis caros coma o peixe sapo.

Datos da especie

  • Código FAO: SYC
  • Nome científico: Scyliorhinus canicula
  • Nome galego: Melgacho
  • Nome castelán: Pintarroja
  • Grupo biolóxico: Peces
40 cm

Tamaño mínimo: 40 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal