Detalle producto

FacebookTwitter

Ameixa bicuda

Ameixa bicuda
<p>A bicuda é un molusco bivalvo con forma similar á ameixa fina. Ten unha cor entre abrancazada e amarelada que, con frecuencia, presenta manchas. As súas costelas apenas se aprecian. Normalmente é de menor tamaño ca a ameixa fina e babosa.</p> <p>Recóllese principalmente dende pequenas embarcacións con raños, aínda que tamén está autorizada a súa extracción mediante marisqueo a pé. A maior parte das capturas realízanse na Ría de Arousa.</p> <p>As formas de preparar a bicuda son as mesmas ca as das ameixas, é dicir, cun mollo, que pode ser verde ou mariñeiro; acompañando guisos de peixe; con fideos, espaguete ou fabas; ou, simplemente, abertas á prancha.</p>

Datos da especie

  • VNA
  • Nome científico: Venerupis aurea
  • Nome galego: Ameixa bicuda
  • Nome castelán: Almeja dorada
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Ameixa bicuda
25 mm

Tamaño mínimo: 25 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas