Detalle producto

FacebookTwitter

Touca

Touca
<p>Alga vermella de talo laminar aínda que, debido a súa escasa consistencia, durante a baixamar, queda formando cintas. É translúcida e mucosa ao tacto, redondeada e de contorno ondulado. Pode alcanzar os 40 centímetros e presenta tonalidades variadas, desde rosa-violácea ata gris-verdosa. Únese ao substrato mediante un disco situado na parte central, que lembra un embigo, de aí o nome de umbilicalis. </p> <p>As láminas pódense ver desde o inverno ata o verán. Nas épocas iluminadas e con temperaturas suaves, como acontece en primavera, alcanza o maior desenvolvemento para máis adiante perder cor e morrer por exceso de insolación e temperatura. Vive epífita sobre o mexillón ou en rochas de costas batidas pero tamén aparece na zona do intermareal medio. A súa recolección realízase manualmente nas baixamares, recollendo sempre individuos sans, limpos de area e de boa cor. Desta maneira facilítase o seu procesado e se conservan as mellores propiedades do produto.</p> <p>Posúe un alto contido en proteínas, ferro, fósforo e vitaminas A, B, C e niacina. Polo seu intenso sabor a mar e excepcionais calidades nutritivas e culinarias, é unha das algas que máis se consume no mundo. </p> <p>Na cociña pódese presentar ao natural, aliñada en ensaladas, ao forno como aperitivo, triturada para condimento ou cociñada para diferentes preparacións como arroces, empanadas ou cremas, entre outros. O tempo de cocción é duns 5 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario serán 5 minutos.</p>

Datos da especie

  • FYS
  • Nome científico: Porphyra umbilicalis
  • Nome galego: Touca
  • Nome castelán: Nori
  • Grupo biolóxico: Algas
Receitas de Touca

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados