Detalle producto

FacebookTwitter

Dourada

Dourada
<p>O seu corpo é alto e comprimido, de cor gris prateada, ben proporcionado pero máis escaso no lombo. Ten unha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar aos 70 centímetros. </p> <p>Vive en augas pouco profundas (menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas cálidas que escasea nas nosas costas. Cando se pesca faise ao trasmallo e, ocasionalmente, con palangre ou ao arrastre. </p> <p>É especialidade dalgúns restaurantes a fórmula "ao sal": cuberta de sal e envolta en papel de prata para metela no forno. A súa cabeza serve para facer uns caldos de gran utilidade para arroces ou ben para sopas de alto nivel. Tamén se pode facer á grella ou fritida.</p>

Datos da especie

  • SBG
  • Nome científico: Sparus aurata
  • Nome galego: Dourada
  • Nome castelán: Dorada
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Dourada
19 cm

Tamaño mínimo: 19 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo