Leituga de mar

Leituga de mar

Alga verde é un termo usado para denominar a un grupo informal de algas estreitamente relacionadas coas plantas terrestres. Taxonómicamente, inclúe aos grupos de algas Chlorophyta e Charophyta.

Como algas verdes describíronse até o de agora unhas 10.000 especies diferentes, sendo as máis diversas de todas as algas. Aínda que se atopan tamén nos mares, son máis diversas nas augas continentais (auga doce) abarcando unha ampla variedade de hábitat. Moitas son unicelulares, frecuentemente flageladas, pero outras desenvolven talos pluricelulares que nunca son moi complexos.

Datos da especie

  • Código FAO: SWG
  • Nome científico: Chlorophyceae
  • Nome galego: Leituga de mar
  • Nome castelán: Lechuga de mar
  • Grupo biolóxico: Algas