Choupa

Choupa

Corpo alongado, de cores grises ou castañas con tendencia á vermella. É similar á lura, aínda que na choupa a cabeza é moito máis voluminosa (case tan grande coma o resto do corpo) e as aletas, que nacen da metade do corpo cara a abaixo, teñen forma de rombo e son máis anchas.

De gran demanda, coma todas as especies da súa familia, captúrase con artes de arrastre.

Dará con ela, polo común, conxelada máis ca en fresco. Prepárea con arroz, rebozada e fritida en aneis, ou seguindo receitas tradicionais, nas que a cabeza ben picadiña, xunto con cebola e xamón, se utiliza para facer un guiso de choupa rechea, ao estilo "dos de antes".

Datos da especie

  • Código FAO: BRB
  • Nome científico: Spondyliosoma cantharus
  • Nome galego: Choupa
  • Nome castelán: Chopa
  • Grupo biolóxico: Peces
23 cm

Tamaño mínimo: 23 cm

Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal