Vostede está aquí

Novas relacionadas con PescadeRías

Publicado o luns, Marzo 27, 2017 - 12:37
XXXI Festa da Ostra de Arcade

Con motivo da XXXI Festa da Ostra, no carpa instalada no peirao de Arcade, a Confraría Virxen do Carmen de Arcade organiza menús con ameixas e anguías certificadas. A apertura das casetas será o sábado 1 ás 12:00 e o domingo 2 ás 10:00. As preparacións correrán a cargo de Rebeca Moares, Pilar Martí, Miguel Mosteiro Diaz​, Fran Sotelino​ e Manuel Ángel Garea Rodríguez​.

Descarga aquí o cartel.

Publicado o martes, Marzo 21, 2017 - 09:01
Forum Gastronómico 2017

Deixámosvos un vídeo cos mellores momentos de pescadeRías no Fórum Gastronómico

Publicado o luns, Marzo 20, 2017 - 10:18
Aguiño e Baiona encabezan as vendas de ourizo

A piques de rematar a campaña do ourizo, a Confraría de Pescadores de Aguiño e a Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, xestionan as lonxas coas maiores vendas deste recurso en Galicia.

Artigo en La Voz de Galicia

Publicado o venres, Marzo 17, 2017 - 08:18
Hoxe comeza a campaña promocional pescadeRías en prazas de abastos

Todo a punto para o inicio da campaña promocional do noso selo de calidade pescadeRías, ¿de onde se non? en oito prazas de abastos da nosa comunidade: Portonovo, Sanxenxo, Bueu, Cambados, Pontevedra, A Guarda, Cee e Santiago de Compostela. Con cada compra de produto certificado entregarase unha papeleta coa que participar nun sorteo de vales de peixe fresco e kits de material promocional.

Páxinas